xoves, decembro 08, 2016

Sesión de traballo (02/12/2016)

Hoxe vimos a deixarvos por aquí algunhas fotos que sacamos o pasado xoves tras recibir a noticia de que volveremos a representar Fábulas en xaneiro, na Asociación Juan XXIII; xa vos avisaremos cando acordemos unha data.
Esperamos poder facer pronto unha foto na que esteamos todos para poder presentarvos definitivamente aos integrantes do grupo este ano escolar, pero todos sabemos que o bo faise esperar. Cando menos o esperedes, aí teredes a foto. 
Polo de agora tedes que conformarvos con estas, que para abrir boca non están nada mal.











domingo, xuño 26, 2016

FIN DE CURSO (23/06/2016)

Este xoves demos por finalizadas as clases de teatro do curso 15-16 cuns cantos xogos e unha sorpresiña moi grata: puidemos contar coa presenza e participación de 3 exintegrantes de Fiúncho: Baltar, Antela e Juan. Dende aquí dámoslles as grazas por achegarse ata o centro de novo para desfrutar dunha hora e media de pura diversión.
Comezamos facendo un xogo de presentación e adaptación, logo probamos diferentes exercicios para traballar a improvisación, a memoria, a lóxica, a imaxinación, a elasticidade, a cordinación e a resistencia física.
Adxuntamos aquí un vídeo xogando ao Zip, Zap, Zep.
Tamén incluímos unhas cantas fotos da sesión.









Por último, os alumnos tiveron un detalle moi bonito e moi orixinal coa profe: déronlle un bote cheo de barriñas Kinder decorado por eles mesmos coa frase "Prohibido no hablar en clase", o lema de Pablo.
Velaquí unha foto da profe máis afortunada co seu agasallo.

Toca despedirse ata o curso que vén, só queda desexar un bo verán a todos os integrantes que tanto traballaron para levar ao escenario unha representación tan boa como o é Fábulas.
Esperamos vervos de novo en Setembro!

xoves, maio 19, 2016

CEIP Isidora Riestra (19/05/2016)

Hoxe actuamos no CEIP Isidora Riestra a modo de celebración do Día das Letras Galegas. Como vos prometemos, aquí vos traemos unhas fotos da actuación.

















xoves, maio 12, 2016

Novas representacións!

Xa temos data para as dúas seguintes representacións de Fábulas

O xoves 19 deste mes actuamos no CEIP Isidora Riestra, en Poio. Faremos un primeiro pase ás 12:00 para os alumnos de primaria e logo faremos outro ao rematar, sobre as 13:00, para os alumnos de infantil.

Si, sabemos que a función dura preto de 30min, pero é que as novas non rematan aquí; ademais da actuación dos nosos rapaces, contaremos cun espazo musical da man de Judith Ortigueira (a nosa directora) e Yago Durán para disfrute de todas as rapazas, rapaces, profesores, nais e pais.

Polo de agora isto é todo. Pronto voltaremos con fotos novas!


sábado, maio 07, 2016

Teatro Principal de Pontevedra (05/05/2016)

O pasado xoves 5 participamos no certame Ben Veñas, Maio presentando no Teatro Principal de Pontevedra a nosa función deste ano: Fábulas.

Fábulas consiste nunha compilación de contos da nosa infancia postos sobre o escenario a través dun teatro de tipo xestual. É moi visual e está recomendada para todos os públicos, sobre todo para os máis pequenos, a diversión está asegurada!

Aquí vos deixamos unhas fotos.