sábado, maio 07, 2016

Teatro Principal de Pontevedra (05/05/2016)

O pasado xoves 5 participamos no certame Ben Veñas, Maio presentando no Teatro Principal de Pontevedra a nosa función deste ano: Fábulas.

Fábulas consiste nunha compilación de contos da nosa infancia postos sobre o escenario a través dun teatro de tipo xestual. É moi visual e está recomendada para todos os públicos, sobre todo para os máis pequenos, a diversión está asegurada!

Aquí vos deixamos unhas fotos.





















Sesión de traballo (04/11/2015)

Para inaugurar o blog queremos deixarvos por aquí unhas fotos dunha das nosas sesións de traballo. Pertencen ao comezo do curso 2015-2016, daquela aínda eramos máis membros no grupo. 
Esta sesión consistiu nun quecemento básico de corpo e voz, uns cantos exercicios de expresión corporal vinculados á música, traballos cun texto e algún que outro xogo para finalizar o día.

Queremos dicirvos tamén que, dende hoxe, temos páxina en Facebook, á cal tamén subiremos contido do que facemos nas clases e das nosas actuacións (para acceder á nosa páxina de Facebook pincha aquí.)